sábado, março 04, 2006

Babilonia na Galipedia, a wikipedia en galego


Achei super interessante ter encontrado na Internet a Wikipedia, uma enciclopédia em Galego que tras informações sobre uma infinidade de assuntos. Sendo bem bairrista deste blog, procurei pesquisar sobre os Muros de Babilonia e vejam o que encontrei em legítimo galego:

"Babilonia foi a capital da antiga Mesopotamia. No moderno Iraq, localízase a aproximadamente 110 quilómetros ao sur de Bagdad. O nome ven do grego Babel, que, á súa vez, deriva do semítico Babilu, significando "Os Portóns de Deus". Esa palabra semítica é unha tradución do sumerio Kadmirra.

Foi probabelmente fundada no 3800 A.C. Tivo un papel significativo na historia da Mesopotamia. Iniciou a súa era de imperio baixo Hamurabi, por volta de 2300 A.C., e mantivose así por case 2000 anos.

Os arameos, asirios e os caldeos loitaron durante séculos polo control da Babilonia. O rei asirio Asurbanipal venceu na loita no 648 A.C., e sucedeuno Nabucodonosor II.

Liderados por Nabucodonosor (que tamén construiu os Xardíns colgantes de Babilonia, unha das sete marabillas do mundo antigo), os babilonios destruíron Xerusalén en 587 A.C., levando os xudeus ao exilio babilónico. O rei persa Ciro, o Grande, derrotou os asirios en 539 A.C., e libertou os xudeus do seu exilio.

Na cultura hebraica, Babilonia tornouse un inimigo arquetipo do pobo de Deus. Varias referencias á Babilonia ocorren na Biblia, mais non hai certeza de que se refiran á cidade. No Novo Testamento, especialmente no libro Apocalipse, referencias á Babilonia son comumente interpretadas como referencias a Roma, ou metáforas sobre o poder do Imperio Romano.

Na cultura e relixión rastafari, Babylon refírese á estrutura de poder opresivo ao que os seus seguidores cren como responsábeis de manter o seu pobo pobre e oprimido durante xeracións. Usan o termo para referirse o papel dos brancos como opresores, aínda que ese non sexa necesariamente o significado en todas as instancias do seu uso.

Nenhum comentário: